A Constitución española establece no seu artigo 40 a obriga dos poderes públicos de promover as condicións favorables para o progreso social e económico e, de maneira especial, de realizar unha política orientada ao pleno emprego. Así mesmo, recolle no artigo 129 a obriga de promover eficazmente as diversas formas de participación na empresa e de fomentar, mediante unha lexislación adecuada, as sociedades cooperativas, así como a de establecer os medios que faciliten o acceso das persoas traballadoras á propiedade dos medios de produción.
A Comunidade Autónoma de Galicia asumiu a competencia exclusiva en materia de cooperativas en virtude da transferencia feita pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, ampliando a recollida no artigo 28.7 do Estatuto de autonomía de Galicia. En virtude desta competencia, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, recoñece de interese social a promoción e o desenvolvemento das sociedades cooperativas, e dispón que a Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de traballo, realice unha política de fomento do movemento cooperativo e adopte as medidas necesarias para promover a constitución e o desenvolvemento das cooperativas.
Pola súa banda, a Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, a través dunha regulación común aplicable ao conxunto das entidades que a integran, ten por finalidade recoñecer, fomentar e impulsar as devanditas entidades para o eficaz cumprimento dos fins económicos e sociais que lle son propios, potenciando a súa presenza, crecemento e influencia en todos os campos da acción social, económica e empresarial, así como o establecemento de mecanismos para a súa organización e coordinación.
As empresas de economía social e, singularmente, as cooperativas teñen demostrado a súa capacidade de resistencia ás crises, de creación de emprego estable e de calidade, de vinculación co territorio e de mellora do benestar social, polo que resulta procedente activar suficientemente as súas potencialidades de emprendemento e autoemprego.
O Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, atribúe á citada consellería a competencia para propoñer e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito laboral, que engloba, entre outras, as competencias en materia de cooperativas e outras entidades de economía social. Segundo o seu artigo 35.b), corresponden á Secretaría Xeral de Emprego, entre outras, a dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de emprego, relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, cooperativas e outras entidades de economía social.
En exercicio das citadas competencias, a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou a Axenda 20 para o emprego, que pretende ser o instrumento que permita a creación de emprego estable e de calidade, no marco do Plan estratéxico de Galicia 2015-2020 e do novo modelo económico e produtivo definido para Galicia, a través da Axenda para a competitividade industrial Axenda 4.0, a Estratexia de especialización intelixente e a Estratexia de internacionalización da peme galega. Entre as medidas que inclúe a Axenda 20 para o emprego destaca o programa Aprol, destinado a incentivar o emprego, e que ten como unha das súas vertentes o cooperativismo e a economía social.
As distintas subvencións establecidas nesta orde intégranse dentro das accións que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pretende levar a cabo para conseguir un axeitado desenvolvemento en materia de economía social, no que respecta ao fomento do emprego e mellora da competitividade nas cooperativas e sociedades laborais, de xeito que redunde en beneficio e mellora do eido económico e sociolaboral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta orde reflicte tamén a especial preocupación pola necesidade de incrementar o nivel de emprego da mocidade galega, elemento esencial para conseguir unha adecuada inclusión social a longo prazo.
Establécense dous programas de axudas para fomentar a creación de emprego en cooperativas e sociedades laborais desde dúas perspectivas; por unha banda, a da entidade que incorpora e, por outra, a da persoa que accede, co que se consegue un impulso integral.
Deste xeito, o programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais establece subvencións orientadas a facilitar a incorporación das persoas desempregadas ou traballadoras temporais como socios e socias traballadores e traballadoras ou de traballo nas cooperativas ou sociedades laborais galegas, ao considerar as distintas fórmulas de autoemprego colectivo como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra produtiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.
Adicionalmente, o programa de fomento de acceso á condición de persoa socia abrangue subvencións dirixidas ás persoas desempregadas para promover a súa incorporación a empresas de economía social, facilitando a realización da contribución económica ao capital social que resulta precisa para o bo fin do proxecto de emprendemento. Igualmente, abrangue como posibles beneficiarias as persoas asalariadas, socias a proba ou socias a tempo parcial destas empresas, co obxectivo de conseguir a consolidación dos seus empregos e a plena integración na empresa.
No tocante ás persoas mozas, esta orde aborda un tratamento singular da súa situación promovendo a creación e consolidación de cooperativas xuvenís (as constituídas maioritariamente por persoas socias traballadoras menores de 30 anos, ou de 35 se se trata de persoas con discapacidade) a través de incrementos significativos das contías contidas nos programas que as afectan, ademais de prever incentivos específicos para a incorporación como persoas socias traballadoras ou de traballo a proba para persoas menores de 30 anos.
Igualmente, prevense incentivos adicionais para favorecer o emprego a outros colectivos como son o das mulleres, as persoas maiores de 45 anos, as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, as emigrantes retornadas ou as persoas trans. Finalmente, recolle un tratamento diferenciado ao emprego xerado en concellos rurais.
Estas actividades de fomento compleméntanse con servizos de formación, asesoramento, acompañamento e titorización, co que se pretende asegurar o bo fin dos proxectos emprendidos. Con esta finalidade, a Secretaría Xeral de Emprego, a través da Rede Eusumo, pon á disposición das persoas desempregadas e demais persoas emprendedoras os recursos necesarios para a posta en marcha dos proxectos, desde antes da súa constitución formal ata unha vez iniciada a actividade, servizo que se considera especialmente importante nas cooperativas de nova creación.
No que respecta ao procedemento de concesión, establécese a concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tendo en conta que a finalidade e obxecto da subvención é o fomento da creación de emprego estable e de calidade, que redundará directamente nun beneficio social e económico xeral, non se considera necesario facer unha prelación das solicitudes presentadas, pois todas as entidades en que concorran os requisitos establecidos na convocatoria conseguen a dita finalidade por igual. Ademais, prevese a suficiencia do crédito para atender a totalidade das solicitudes que se poidan presentar.
Esta previsión vai acompañada do establecemento dun prazo amplo de solicitudes, que abrangue desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ata o 30 de setembro de 2020. Deste xeito facilítase o acceso ás axudas a aquelas empresas e entidades que na data de publicación da orde non teñan programado o inicio da actividade da persoa socia e o fagan ao longo do ano; por outra banda, este sistema desconcentra a xestión en termos temporais, o que redundará nunha maior axilidade na resolución dos procedementos.
Establécese o financiamento dos distintos programas con cargo a fondos finalistas de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE), así como con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de completar os importes dispoñibles. Esta orde tramítase de conformidade co establecido no artigo 25 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, ao preverse que exista crédito suficiente na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020. A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.
Neste marco de actuación, as bases reguladoras axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial, no relativo aos principios de transparencia, eficacia e eficiencia na xestión, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xuño.
Por todo o exposto, consultados o Consello Galego de Cooperativas e o Consello Galego de Relacións Laborais, e de conformidade coas atribucións que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
CAPÍTULO I
Disposicións xerais
Artigo 1. Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.
2. Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).
Artigo 2. Normativa aplicable
As solicitudes, a súa tramitación e resolución axustaranse ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
Artigo 3. Principios de xestión
A xestión destes programas de subvencións realizarase de conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de acordo cos seguintes principios:
1. Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
2. Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados.
3. Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
Artigo 4. Financiamento
1. A concesión das subvencións previstas nos programas desta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións da Secretaría Xeral de Emprego, financiadas con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE) e complementadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.
a) Programa I: aplicación 09.40.324C.470.0.
b) Programa II: aplicación 09.40.324C.470.1.
2. A distribución inicial de créditos fixarase para cada un dos programas recollidos no artigo 1 en cada convocatoria de subvencións.
3. Estes importes poderán verse modificados ou incrementados con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración do Estado como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais, todo iso de acordo co artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Artigo 5. Definicións
Para os efectos desta orde entenderase por:
a) Persoa desempregada: aquela que careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Esta circunstancia será verificada de oficio polo órgano xestor e deixará constancia no expediente, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, caso en que deberá achegar a documentación que se sinala en cada programa.
b) Persoa demandante de emprego: aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego. Esta circunstancia será verificada de oficio polo órgano xestor e deixará constancia no expediente, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, caso en que deberá achegar a documentación que se sinala en cada programa.
c) Persoa con discapacidade: aquela que teña recoñecido pola Administración competente un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
A comprobación da condición de persoa con discapacidade realizaraa directamente o órgano xestor das axudas cando o dito certificado sexa emitido pola Xunta de Galicia, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta; no caso de que a persoa interesada se opoña á súa consulta ou que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá presentar a documentación acreditativa da discapacidade.
d) Persoa en situación ou risco de exclusión social: aquela en que concorra a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
Esta circunstancia acreditarase mediante certificado emitido polos servizos sociais xustificativo de ser persoa perceptora da renda de inclusión social de Galicia ou da situación social sinalada no parágrafo anterior.
e) Persoa trans: toda aquela persoa que se identifica cun sexo diferente a aquel que lle foi asignado ao nacer.
f) Persoa emigrante retornada: de acordo co establecido nos artigos 53 e 54 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, terán a condición de galegas retornadas as persoas galegas e nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á Comunidade Autónoma galega. Para os efectos previstos nesa lei, asimílanse a persoas galegas retornadas os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os fillos e fillas das persoas galegas e nacidas en Galicia con residencia no estranxeiro que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os requisitos, con carácter xeral, para adquirir a condición de persoa galega retornada son os seguintes:
a. Ser galego ou galega e nacida en Galicia ou ter relación filial, conxugal ou análoga á conxugal cunha persoa en que concorran estas condicións.
b. Estar en posesión da nacionalidade española e estar vinculada a un concello galego no padrón de residentes no exterior antes do retorno.
c. Estar empadroado ou empadroada nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para adquirir esta condición de persoa emigrante retornada non deben ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta orde.
g) Cooperativa: sociedade cooperativa galega inscrita no Rexistro de Cooperativas de Galicia dependente da Xunta de Galicia na data de presentación da solicitude. Esta circunstancia será verificada de oficio pola Administración e deixará constancia no expediente.
h) Sociedade laboral: sociedade inscrita no Rexistro de Sociedades Laborais dependente da Xunta de Galicia e no Rexistro Mercantil na data de presentación da solicitude. Esta circunstancia será verificada de oficio pola Administración e deixará constancia no expediente.
i) Cooperativa xuvenil: aquela cooperativa inscrita como tal no Rexistro de Cooperativas de Galicia que non estea incursa en causa de disolución en virtude do sinalado nas letras d) ou f) do parágrafo 2 da disposición adicional novena da Lei 5/1998, do 18 de decembro.
j) Data de incorporación á cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido: en xeral, é a data de alta ou variación de datos no correspondente réxime de persoas traballadoras por conta allea da Seguridade Social, ou a data solicitada para a alta no réxime de persoas traballadoras autónomas ou en mutualidade de colexio profesional. Esta data será a que figura recollida no documento de alta do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, así como nos informes de vida laboral. Excepcionalmente, nos casos en que a incorporación con carácter indefinido se refira a unha persoa que tiña previamente a condición de asalariada ou socia a proba da cooperativa ou sociedade laboral, e non se produza alta ou variación de datos, a data de incorporación será aquela en que a persoa socia cumpra todos os requisitos legais e estatutarios para acceder a tal condición, incluída a achega mínima obrigatoria ao capital social e a cota de ingreso, se é o caso. Esta circunstancia acreditarase mediante certificado emitido polo órgano competente da cooperativa ou sociedade laboral comprensivo do importe das achegas e cotas de ingreso, se é o caso, subscritas e desembolsadas para adquirir a condición de socio ou socia, así como certificación bancaria do seu pagamento en que consten claramente a persoa emisora e receptora, o concepto do gasto e a data en que se fixo efectivo.
k) Data de inicio de actividade laboral por conta propia: data solicitada para a alta como persoa traballadora autónoma no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional. Esta data será a que figura recollida no documento de alta do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, así como nos informes de vida laboral.
l) Concello rural: aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP), segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, consideraranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.
Artigo 6. Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:
a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
b) As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas no programa II.
2. Con carácter xeral, as persoas e entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
b) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.
e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes desde o momento de presentación da solicitude.
Artigo 7. Subvencións baixo condicións de minimis
Os incentivos establecidos nesta orde quedan sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos seguintes regulamentos, segundo proceda:
1. Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Cando se trate dunha única empresa que realice por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada, o importe total das axudas de minimis concedidas non excederá 100.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, sen que estas axudas poidan utilizarse para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.
2. Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá os 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
3. Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá os 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
CAPÍTULO II
Artigo 8. Solicitudes
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde, nos modelos de solicitude que figuran como anexos (anexos I e VII), acompañadas da documentación sinalada nesta orde, e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
2. Para os procedementos do programa I (TR802G) as solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Para o programa II (TR802J) as solicitudes (anexo VII) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para este programa II (TR802J) os formularios de solicitude tamén poderán ser obtidos, cubertos e validados pola persoa solicitante a través da aplicación informática, á cal se poderá acceder igualmente a través da páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Portal de Emprego (http://ceei.xunta.gal/portada). As solicitudes obtidas a través desta aplicación informática deberán presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
4. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación recollida nos artigos 24 e 30 en función do programa de que se trate.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude (programa I-TR802G). Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica (programa II-TR802J), opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 9. Emenda das solicitudes
Unha vez recibidas as solicitudes, as unidades administrativas encargadas da instrución do expediente comprobarán se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirán a persoa interesada para que nun prazo de 10 días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará a persoa ou entidade interesada desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da antedita lei.
Para o programa I, no caso de que a solicitude sexa presentada de xeito presencial a través de calquera dos rexistros habilitados, requirirase a persoa interesada para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realice a emenda.
Nos programas I e II deberá analizarse a viabilidade do proxecto empresarial ou plan de empresa con base na documentación presentada e, no caso de apreciarse que non resulta viable, o órgano instrutor proporá a desestimación da solicitude por esta causa.
Esta fase completarase incorporando ao expediente a información rexistral da entidade solicitante segundo a documentación que consta na Secretaría Xeral de Emprego, así como as certificacións indicadas no artigo 10.1 desta orde.
Artigo 10. Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo proceda:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante e das persoas por quen se solicita subvención.
c) Alta no imposto de actividades económicas da entidade solicitante.
d) Vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa solicitante ou das persoas por quen se solicita subvención.
e) Certificación emitida polo Servizo Público de Emprego dos períodos de inscrición como demandante de emprego da persoa solicitante ou da persoa socia traballadora ou de traballo por quen se solicita subvención.
f) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Atriga.
h) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
i) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou da persoa por quen se solicita subvención, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia e cando o dito certificado fose emitido pola Xunta de Galicia.
j) Alta na Seguridade Social das persoas socias traballadoras ou de traballo incorporadas.
k) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou das persoas por quen se solicita subvención.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio ou solicitude de pagamento, segundo corresponda, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A comprobación será realizada polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación das axudas.
Artigo 11. Transparencia e bo goberno
1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei. O incumprimento desta obriga determinará, de ser o caso, a imposición das multas coercitivas previstas no número 4 do citado artigo.
3. Por outra parte, de conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 12. Instrución do procedemento
1. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Emprego e Economía Social da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria competente por razón do territorio.
3. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía (programa I-TR802G). As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas (programa II-TR802J) poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.
4. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
5. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.
6. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
7. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 13. Resolución e recursos
1. A competencia para resolver as solicitudes corresponderá, por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria competente por razón do territorio.
2. O prazo máximo para resolver e notificar será de tres meses desde a presentación da solicitude pola persoa interesada. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. Unha vez notificada a resolución definitiva, as persoas ou entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada. Todo o anterior de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
5. A resolución de outorgamento da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e as obrigas que correspondan á persoa beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución.
Artigo 14. Modificación da resolución de concesión
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Artigo 15. Xustificación e pagamento
1. O pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación dunha solicitude de pagamento conforme o modelo do anexo V ou VIII, segundo o programa de que se trate, acompañada da documentación xustificativa que corresponda relacionada nos artigos 25 e 31 desta orde en función do programa de que se trate.
A presentación das solicitudes de pagamento realizarase na forma sinalada no artigo 8. No caso do programa II deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica, e no caso do programa I, unicamente poderá realizarase a través dese medio.
2. A persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa da subvención no prazo fixado na resolución de concesión e cumprindo co recollido nos artigos 28 e 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen a ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a persoa ou entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de 10 días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
4. A documentación exixida para a fase de pagamento poderá presentarse xunto coa solicitude de subvención, á opción da persoa ou entidade interesada. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da subvención.
5. Cando concorran varias subvencións ao abeiro desta orde, só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, facendo constar os procedementos a que se refire.
6. En todo caso a forma de xustificación deberá aterse ao previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación sinalado na convocatoria, e sempre que se xustifique o pagamento mediante documentos bancarios, nos cales deberán quedar claramente identificadas as persoas ou entidades receptoras e as emisoras dos pagamentos (que deberán coincidir coas beneficiarias da axuda), así como o concepto destes.
7. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nesta orde.
8. As unidades administrativas responsables da instrución de cada programa analizarán a documentación xustificativa acreditativa da realización da actividade obxecto da subvención e emitirán unha proposta de pagamento que se elevará ao órgano competente para resolver, que será tamén o órgano competente para ordenar o pagamento.
9. O pagamento efectuarase de forma nominativa e pagamento único, pola súa totalidade, a favor das persoas ou entidades beneficiarias e logo da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía inicialmente concedida como subvención.
10. Se da documentación presentada pola persoa ou entidade beneficiaria queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada.
11. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres a persoa ou entidade beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.
12. A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá excepcionalmente solicitar, de xeito motivado, a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde, agás aquela que, de acordo co artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, xa se atope en poder da Administración.
Artigo 16. Réxime de compatibilidades e concorrencia
1. As subvencións previstas nesta orde serán compatibles entre si. Porén, non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de subvención previstos nesta orde.
O importe máximo das subvencións para cada finalidade deberá respectar os límites que se establecen nas bases reguladoras, e en ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.
2. As subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais previstas no programa I serán compatibles coas axudas para o impulso de proxectos empresariais colectivos no marco do programa de laboratorios cooperativos no rural.
3. As subvencións para o fomento do acceso á condición de persoa socia previstas no programa II resultarán compatibles coa percepción da prestación contributiva por desemprego na súa modalidade de pagamento único, así como coas bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.
4. As subvencións establecidas nos programas I e II desta orde serán incompatibles coas subvencións establecidas nos diferentes programas dirixidos ao apoio a iniciativas de emprego ou á promoción do emprego autónomo, sempre que haxa identidade entre os mesmos conceptos subvencionables.
Artigo 17. Obrigas das persoas e entidades beneficiarias
1. Son obrigas das persoas e entidades beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en especial as seguintes:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
c) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
d) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
f) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, nos termos establecidos na normativa vixente sobre actividades de información e publicidade e na normativa aplicable polo carácter finalista dos fondos. Como mínimo, no lugar onde se realicen as accións deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo no modelo normalizado que se publique na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal/portada), no cal conste o financiamento pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
g) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou doutros órganos da Administración do Estado, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
2. As persoas ou entidades beneficiarias destas subvencións deberán cumprir, ademais, as obrigas específicas previstas en cada programa, nos artigos 26 e 32 desta orde.
Artigo 18. Reintegro e perda do dereito ao cobramento da subvención
1. Procederá a perda do dereito ao cobramento das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
2. De acordo co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os criterios de graduación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará serán os seguintes:
a) O incumprimento total dos fins para os cales se concede a subvención, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación, así como o incumprimento da obriga establecida no artigo 17.1.g), dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro da totalidade da subvención concedida.
b) O incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 17.1.e) e f) e 18 dará lugar a un reintegro dun 2 % da axuda concedida.
c) O incumprimento da obriga establecida no artigo 17.1.d) dará lugar ao seguinte reintegro da axuda concedida:
i. Para o caso de subvencións incompatibles con outras axudas:
(a) No caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas, procederá o reintegro do 10 % do importe da subvención percibida.
(b) No caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas, procederá o reintegro do 100 % do importe subvención percibida máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puideren corresponder.
ii. Para o caso de subvencións compatibles:
(a) No caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas, procederá o reintegro do 5 % do importe da da subvención percibida.
(b) No caso de incumprimento da obriga de comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras axudas, procederá o reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puideren corresponder.
d) No caso de que a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 26.3 desta orde, por cada incorporación subvencionada e non substituída conforme o establecido nos ditos artigos, procederá o reintegro nos seguintes termos:
i. Se non se efectúa a substitución e a persoa socia traballadora ou de traballo estivo menos de 12 meses de alta na cooperativa ou sociedade laboral, procederá o reintegro total da axuda concedida pola dita persoa.
ii. Se non se efectúa a substitución e a persoa socia traballadora ou de traballo estivo 12 ou máis meses de alta na cooperativa ou sociedade laboral, procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola dita persoa. O cálculo da contía que se debe reintegrar farase do seguinte xeito:
(a) Divídese entre vinte e catro meses o importe da subvención concedida pola persoa socia traballadora ou de traballo de que se trate.
(b) Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante, computando para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución.
(c) Multiplícase o importe obtido na operación primeira (a) polo número de meses en que o posto de traballo estivo vacante.
iii. Se se efectuou a substitución dunha persoa socia traballadora ou de traballo a tempo completo por outra a tempo parcial, procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior. O cálculo da contía que se debe reintegrar farase do seguinte xeito:
(a) Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa socia traballadora ou de traballo de que se trate.
(b) Calcúlase o 50 % deste importe.
(c) Multiplícase o resultado obtido na operación segunda (b) polo número de meses que falten desde a nova incorporación ata cumprir os vinte e catro.
e) No caso de que a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 26.4 desta orde, por cada incorporación subvencionada e non substituída conforme o establecido no dito artigo, procederá o reintegro nos seguintes termos:
i. Se non se efectúa a substitución e a persoa socia traballadora ou de traballo a proba estivo menos de 6 meses de alta na cooperativa, procederá o reintegro total da axuda concedida.
ii. Se non se efectúa a substitución e a persoa socia traballadora ou de traballo a proba estivo 6 ou máis meses de alta na cooperativa, procederá o reintegro parcial da axuda concedida. O cálculo da contía que se debe reintegrar farase do seguinte xeito:
(a) Divídese o importe da subvención concedida pola incorporación da persoa socia traballadora ou de traballo a proba de que se trate entre o número de meses subvencionados.
(b) Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante, computando para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución.
(c) Multiplícase o importe obtido na operación primeira (a) polo número de meses en que o posto de traballo estivo vacante.
iii. Se se efectuou a substitución dunha persoa socia traballadora ou de traballo a proba a tempo completo por outra a tempo parcial, procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior. O cálculo da contía que se debe reintegrar farase do seguinte xeito:
(a) Divídese o importe da subvención concedida pola incorporación da persoa socia traballadora ou de traballo a proba de que se trate entre o número de meses subvencionados.
(b) Calcúlase o 50 % deste importe.
(c) Multiplícase o resultado obtido na operación segunda (b) polo número de meses que falten desde a nova incorporación ata cumprir o período subvencionado.
f) No caso de que a persoa beneficiaria incumpra a obriga establecida nos artigos 32.1 e 32.2 desta orde procederá o reintegro nos seguintes termos:
i. Se non se efectúa a transmisión da achega e a persoa socia estivo menos de 12 meses de alta na cooperativa ou sociedade laboral, procederá o reintegro total da axuda concedida.
ii. Se non se efectúa a transmisión da achega e a persoa socia estivo 12 ou máis meses de alta na cooperativa ou sociedade laboral, procederá o reintegro parcial da axuda concedida. O cálculo da contía que se debe reintegrar farase do seguinte xeito:
(a) Divídese o importe concedido entre vinte e catro meses.
(b) Calcúlase o número de meses que faltan para que a obriga quede cumprida.
(c) Multiplícase o importe obtido na operación primeira (a) polo número de meses que faltan para que a obriga quede cumprida (b).
iii. No caso de persoas socias traballadoras ou de traballo a tempo completo, se a persoa a que se lle transmite a achega se incorpora a tempo parcial, procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior. O cálculo da contía que se debe reintegrar farase do seguinte xeito:
(a) Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido.
(b) Calcúlase o 50 % deste importe.
(c) O resultado anterior multiplícase polo número de meses que falten ata cumprir os vinte e catro.
g) No caso de que a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida nos números 1 e 2 do artigo 26 desta orde, segundo o caso, procederá o reintegro nos seguintes termos:
i. Se a obriga se mantivo por un período de menos de 12 meses, procederá o reintegro total da axuda concedida.
ii. Se a obriga se mantivo por un período de 12 ou máis meses, procederá o reintegro parcial da axuda concedida. O cálculo da contía que se debe reintegrar farase do seguinte xeito:
(a) Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.
(b) Calcúlase o número de meses que faltan para que a obriga quede cumprida.
(c) Multiplícase o importe obtido na operación primeira (a) polo número de meses que faltan para que a obriga quede cumprida (b).
h) Calquera outro incumprimento se considerará incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a subvención, da realización dos gastos subvencionables ou da obriga de xustificación, e dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, ao reintegro na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.
3. A obriga do reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Artigo 19. Devolución voluntaria de subvencións
1. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas e entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o ingreso na conta ES82 2080 0300 8731 1006 3172 en concepto de devolución voluntaria da subvención, indicando expresamente a persoa e entidade beneficiaria da subvención e o número de expediente.
2. En todo caso, a persoa e entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente unha memoria explicativa das circunstancias que dan lugar á devolución, con expresión das persoas ou entidades afectadas, datas e calquera outra información relevante en relación coas causas que orixinan a devolución. Así mesmo, deberá conter o detalle dos cálculos efectuados con indicación da contía que se devolve. Coa memoria deberase achegar a copia xustificativa do ingreso bancario realizado.
3. A devolución voluntaria non exclúe a reclamación dos xuros de demora cando se considere procedente o reintegro da subvención.
Artigo 20. Seguimento e control
1. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración, a Consellería de Economía, Emprego e Industria levará a cabo funcións de control, avaliación e seguimento dos programas.
2. Para realizar as ditas funcións poderá utilizar cantos medios estean á súa disposición para comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas aos fins programados e o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación. Para estes efectos, as persoas e entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.
CAPÍTULO III
Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedementoTR802G)
Artigo 21. Finalidade
Este programa ten por obxecto establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.
Artigo 22. Entidades beneficiarias e condicións para a obtención do incentivo
1. Poderán acollerse aos incentivos previstos neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas:
a) Persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Persoas que no momento da súa incorporación estean vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal.
c) Persoas que no momento da súa incorporación sexan socias a proba da cooperativa a que se incorporan, sempre e cando estiveren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de incorporarse como tales persoas socias a proba.
A incorporación deberá supoñer incremento do emprego fixo e do número de persoas socias traballadoras ou de traballo da cooperativa ou sociedade laboral beneficiaria da subvención, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios e socias por quen se percibe a subvención. Para os efectos do incremento do emprego, non se terán en conta os traballadores e traballadoras temporais, nin as persoas socias en situación de proba.
2. Tamén poderán acollerse a estes incentivos as cooperativas e sociedades laborais que incorporen en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, como persoas socias traballadoras ou de traballo a proba, persoas menores de 30 anos (ou menores de 35 anos cando se trate de persoas con discapacidade) que no momento da incorporación estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
3. A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, deberá comprender como mínimo o 50 % da xornada ordinaria calculada en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.
Admitirase a incorporación en condición de persoa fixa descontinua, sempre que a ocupación acade, como mínimo, o 50 % da xornada de traballo anual establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, as 868 horas.
4. Non poderá concederse esta subvención cando se trate da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo que tiveron tal condición na mesma cooperativa ou sociedade laboral nos dous anos anteriores á súa incorporación como socios ou socias. Tampouco poderá concederse cando se trate da incorporación de persoas polas cales se obtiveron as subvencións previstas para a incorporación como persoas socias,. Estas limitacións non se aplicarán no caso de que a incorporación anterior fose como persoa socia a proba.
5. As cooperativas e as sociedades laborais deberán acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e da Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais, ao respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
6. En todo caso, as cooperativas ou sociedades laborais deberán acreditar a viabilidade do seu proxecto empresarial.
Artigo 23. Contía dos incentivos
1. Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención ascenderá a 6.000 € con carácter xeral.
Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa incorporada ten máis de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
e) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.
f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
g) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.
2. Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
3. Cando a dedicación sexa a tempo parcial ou en condición de fixa descontinua, nos termos previstos no artigo 22.3, a contía dos incentivos previstos nos números anteriores reducirase ao 50 %.
4. A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade beneficiaria por subvencións con cargo a este programa será de 67.500 €.
No caso de que a suma das contías que resulten en aplicación dos parágrafos anteriores sexa superior á subvención máxima que é posible outorgar, atribuirase a cada incorporación a contía que proporcionalmente lle corresponda.
Artigo 24. Documentación para a solicitude da subvención
1. A documentación que deben presentar as cooperativas e sociedades laborais para solicitar a subvención deste programa, de acordo co previsto no artigo 8, é a seguinte:
a) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
b) Se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.
c) Memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa, que deberá conter os datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de produción e comercialización, a previsión de postos de traballo netos que se van crear, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal/portada), na súa epígrafe de axudas e subvencións.
d) Certificación da relación nominal das persoas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.
e) Comunicación á persoa socia sobre a comprobación de datos, conforme o modelo do anexo IV, relativa a cada unha das persoas polas cales se solicita a subvención, debidamente asinada por estas.
f) Se é o caso, documentos acreditativos da discapacidade ou da situación ou risco de exclusión social das persoas polas cales se solicita a subvención. No caso de discapacidade, só será necesario se foi recoñecida por outra comunidade autónoma.
g) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, documentos xustificativos do seu nacemento en Galicia ou, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite este nacemento e o vínculo con aquela.
h) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, certificado de emigrante retornada expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.
i) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de trans, documentación xustificativa de ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun sexo diferente ao rexistrado ao nacer.
j) No caso da incorporación dunha persoa socia que teña a condición de fixa descontinua, declaración responsable de que a súa ocupación acada como mínimo o 50 % da xornada de traballo anual establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, as 868 horas, debidamente asinada pola persoa representante da entidade e pola persoa que se incorpora na condición de fixa descontinua.
k) Nos supostos recollidos no artigo 22.1, se é o caso, certificación do órgano competente da cooperativa acerca da condición de persoa socia a proba das persoas por quen se solicita subvención, referida á data de incorporación (ou á data de presentación da solicitude, se aínda non tivo lugar a incorporación).
l) Calendario laboral da cooperativa ou sociedade laboral e certificación relativa á xornada de traballo asignada ás persoas que se incorporan como socias traballadoras ou de traballo. Pódese obter un modelo na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal/portada), na súa epígrafe de axudas e subvencións.
m) No caso de sociedades laborais, nota simple ou certificación de ter depositadas as contas correspondentes ao último exercicio, emitida polo Rexistro Mercantil correspondente.
2. Para este programa I o órgano xestor comprobará de oficio a seguinte documentación, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, de acordo co disposto no artigo 10 desta orde:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante e das persoas por quen se solicita subvención.
c) Alta no imposto de actividades económicas da entidade solicitante.
d) Vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social das persoas por quen se solicita subvención.
e) Certificación emitida polo Servizo Público de Emprego dos períodos de inscrición como demandante de emprego da persoa socia traballadora ou de traballo por quen se solicita subvención.
f) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Atriga.
h) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
i) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa por quen se solicita subvención, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia e cando o dito certificado sexa emitido pola Xunta de Galicia.
j) Certificado de empadroamento da persoa por quen se solicita subvención, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia.
Artigo 25. Documentación para a xustificación da subvención
1. De acordo co previsto no artigo 15 desta orde, para acreditar o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención deste programa, a entidade beneficiaria deberá presentar no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión, a seguinte documentación:
a) Declaración responsable complementaria do conxunto das subvencións solicitadas para a mesma actividade, tanto das aprobadas e/ou concedidas como das pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo VI.
b) Para a incorporación como socio ou socia con carácter indefinido: certificado de alta e permanencia como persoa socia traballadora ou de traballo emitido pola cooperativa ou sociedade laboral.
c) Para a incorporación como socio ou socia a proba: certificado de alta como persoa socia traballadora ou de traballo a proba, emitido pola cooperativa, así como do período de permanencia nesta situación.
d) De ser o caso, documento de alta na mutualidade de colexio profesional que corresponda das persoas incorporadas.
e) Nos supostos recollidos no artigo 22.1, certificación da relación nominal das persoas socias traballadoras ou de traballo e do persoal asalariado fixo no ano inmediatamente anterior á data da nova incorporación, con indicación das altas e baixas no dito período (segundo o modelo do anexo III).
f) No suposto de traballadores ou traballadoras vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por contrato laboral de carácter temporal, copia do contrato de traballo, documento de alta inicial na Seguridade Social, así como xustificante da comunicación á Seguridade Social dos cambios producidos.
g) Cando se trate da incorporación dun socio ou socia que vaia realizar unha xornada a tempo parcial, unha copia do contrato de traballo no caso de sociedades laborais. De tratarse de cooperativas, certificado en que conste a duración da xornada que ten fixada a persoa que se incorpora.
h) Cando se trate dunha persoa socia a proba que accede á condición de socia con carácter indefinido ou no suposto de traballadores ou traballadoras vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por contrato laboral de carácter temporal, certificación do órgano competente da cooperativa do importe das achegas e cotas de ingreso, se é o caso, subscritas e desembolsadas para adquirir a condición de socio ou socia, así como certificación bancaria do seu pagamento en que conste claramente a persoa emisora e receptora, o concepto do gasto e a data en que se fixo efectivo.
i) Copia do documento en que se comunique á persoa incorporada pola cal se obtivo a subvención que esta actuación foi subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e financiada polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
j) Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 17.1.f) desta orde.
k) Breve documento explicativo do procedemento e da denominación desagregada (contas e subcontas, códigos...) empregados para manter os gastos financiados de forma separada na contabilidade.
2. Para este programa I o órgano xestor comprobará de oficio a seguinte documentación, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, de acordo co disposto no artigo 10 desta orde:
a) Alta na Seguridade Social das persoas socias traballadoras ou de traballo incorporadas.
b) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
c) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Atriga.
d) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Artigo 26. Obrigas das entidades beneficiarias
Ademais das recollidas con carácter xeral no artigo 17 desta orde, as entidades beneficiarias de subvencións deste programa deberán cumprir as seguintes obrigas:
1. Manter, polo menos durante un período de dous anos desde a data da resolución de concesión, unha forma xurídica de entre as elixibles para resultaren beneficiarias da subvención concedida, así como a actividade empresarial.
O cumprimento desta obriga poderá ser comprobado, coa periodicidade que se considere oportuna, polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación.
2. Manter o incremento do emprego fixo e do número de persoas socias traballadoras ou de traballo da cooperativa ou sociedade laboral beneficiaria da subvención, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios e socias por quen se percibe a subvención, polo menos durante un período de dous anos desde a data de incorporación das novas persoas socias traballadoras ou de traballo. Para os efectos do incremento do emprego, non se terán en conta os traballadores e traballadoras temporais nin as persoas socias en situación de proba.
O cumprimento desta obriga poderá ser comprobado, coa periodicidade que se considere oportuna, polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación.
3. No caso de subvencións por incorporación como persoa socia traballadora ou de traballo con carácter indefinido: manter a persoa pola cal se concede a subvención, como mínimo, nas mesmas condicións en que se outorgou a subvención, polo menos, durante dous anos desde a súa incorporación.
No suposto de baixa na sociedade no dito período, teñen a obriga de substituíla por outra persoa no prazo máximo de nove meses desde a data de baixa e polo período que falte ata completar os dous anos. Tanto o feito da baixa como a substitución deben ser comunicados ao órgano concedente no prazo dun mes contado desde o día en que os ditos feitos se produzan.
A persoa substituta deberá cumprir os requisitos do artigo 22 desta orde e, cando a subvención se concedese pola incorporación dunha persoa pertencente a un colectivo determinado, a substitución deberá ser realizada por outra persoa pertencente a algún dos colectivos polos cales se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causou baixa.
Esta incorporación poderá realizarse en situación de persoa socia a proba polo máximo tempo permitido legalmente; transcorrido este, a relación poderá converterse en ordinaria e indefinida ou, de non ser así, incorporar con este carácter outra persoa coas características anteriormente sinaladas.
Respecto das persoas substitutas, a entidade beneficiaria deberá achegar a documentación prevista nos parágrafos 7 a 11, ambos incluídos, do artigo 24 desta orde, así como a prevista nos parágrafos 2, 4, 6, 7 ou 8 (de ser o caso) e 9 do artigo 25.
Esta nova incorporación en ningún caso dará lugar a unha nova subvención.
No caso de non producirse a substitución de acordo co punto anterior, procederá o reintegro das cantidades percibidas nos termos previstos no artigo 18 desta orde.
O cumprimento desta obriga poderá ser comprobado, coa periodicidade que se considere oportuna, polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación.
4. No caso de subvencións por incorporación como persoa socia a proba: manter a persoa incorporada, como mínimo, polo tempo subvencionado. Se se produce o cesamento do mozo ou moza, a empresa beneficiaria está obrigada a substituíla no prazo dun mes por outra, polo menos en tempo de dedicación igual ao anterior. Tanto o feito da baixa como a substitución deberán ser comunicados ao órgano que concedeu a subvención no prazo dun mes contado desde o día en que os ditos feitos se produzan.
Respecto das persoas substitutas, a entidade beneficiaria deberá achegar a documentación prevista nos parágrafos 7 a 10 do artigo 24 desta orde, así como a prevista nos parágrafos 3, 4, 7 (de ser o caso) e 9 do artigo 25.
Esta nova incorporación non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.
O cumprimento desta obriga poderá ser comprobado, coa periodicidade que se considere oportuna, polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación.
CAPÍTULO IV
Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia
(procedemento TR802J)
Artigo 27. Finalidade
Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.
Artigo 28. Persoas beneficiarias e condicións para a obtención da subvención
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia e que no momento da súa incorporación cumpran algunha das condicións seguintes:
a) Ser persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Ser persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
c) Ser persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
d) Ser persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
e) Ser persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.
2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializaren os seus produtos, obteren subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia.
3. As cooperativas e as sociedades laborais deberán acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, e da Lei 44/2015, do 14 de outubro, a respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
4. No caso de socios e socias traballadoras ou de traballo, a incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, deberá comprender, como mínimo, o 50 % da xornada ordinaria calculada en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
Admitirase a incorporación en condición de persoa fixa descontinua sempre que a ocupación acade, como mínimo, o 50 % da xornada de traballo anual establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, as 868 horas.
5. Ningunha persoa poderá ser beneficiaria de máis dunha subvención das previstas neste programa. De recibirse máis dunha solicitude dunha mesma persoa, unicamente se dará validez á presentada en primeiro lugar en calquera dos sitios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no se admitirán as restantes.
Non poderá concederse esta subvención cando se trate da incorporación de persoas que tiveron a condición de socias na mesma cooperativa ou sociedade laboral nos dous anos anteriores á súa incorporación como socios ou socias. Tampouco poderá concederse esta subvención a persoas que obtivesen unha subvención para financiar a achega ao capital social de cooperativas ou sociedades laborais durante os últimos cinco anos, agás no suposto sinalado no artigo 28.1.e).
6. No caso das subvencións para acceso á condición de persoa socia traballadora, será necesario acreditar a viabilidade do proxecto empresarial a que se incorpora a persoa solicitante mediante a memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa.
7. No caso das subvencións para o acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, será necesario acreditar a viabilidade da actividade económica que a persoa realizará por conta propia mediante a memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa.
8. No caso de cooperativas, o importe da subvención será recoñecido como achegas obrigatorias desembolsadas do novo socio ou socia ao capital social, ou como cota de ingreso que deberá incorporarse ao fondo de reserva obrigatorio. No caso das sociedades laborais, o importe das subvencións será recoñecido como accións ou participacións sociais desembolsadas do novo socio ou socia ao capital social.
Artigo 29. Contía das subvencións
1. As subvencións previstas neste programa poderán ascender ás contías seguintes:
a) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, alíneas a), b) c) e d), e no artigo 28.2, ata 6.000 €.
b) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, alínea e), ata 3.000 €.
2. As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa beneficiaria é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten máis de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten a condición de emigrante retornada.
e) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.
f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
g) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.
3. Cando a dedicación da persoa incorporada sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo nos termos previstos no artigo 28.4, a contía máxima dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.
4. As contías referidas nos anteriores puntos en ningún caso poderán ser superiores ás que subscriba o socio ou socia en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais segundo o caso, pola súa incorporación. Para estes efectos, unicamente se terán en conta os importes desembolsados durante o período recollido na convocatoria para a subvencionabilidade do gasto. Así mesmo, no suposto previsto no artigo 28.1.e) a contía da subvención, sumada á que, de ser o caso, percibise a persoa beneficiaria con motivo da súa incorporación como socia a tempo parcial, non poderá superar as contías establecidas no artigo 29.1.a).
Artigo 30. Documentación para a solicitude da subvención
1. A documentación que debe presentarse para solicitar a subvención deste programa, de acordo co previsto no artigo 8 desta orde, é a seguinte:
a) No caso de actuar por representación da persoa solicitante, documentación que acredite por calquera medio válido en dereito a dita representación.
b) De ser o caso, documentos acreditativos da discapacidade ou da situación ou risco de exclusión social. No caso de discapacidade, só será necesario se foi recoñecida por outra comunidade autónoma.
c) No caso de que a persoa solicitante teña a condición de emigrante retornada, documento xustificativo do seu nacemento en Galicia ou, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite este nacemento e o vínculo con aquela.
d) No caso de que a persoa solicitante teña a condición de emigrante retornada, certificado de emigrante retornado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.
e) No caso de que a persoa solicitante teña a condición de trans, documentación xustificativa de ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun sexo diferente ao rexistrado ao nacer.
f) No caso da incorporación dunha persoa socia que teña a condición de fixa descontinua, declaración responsable de que a súa ocupación acada, como mínimo, o 50 % da xornada de traballo anual establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, as 868 horas, debidamente asinada pola persoa representante da entidade e pola persoa que se incorpora na condición de fixa descontinua.
g) Se é o caso, certificación do órgano competente da cooperativa acerca da condición de persoa socia a proba, referida á data de incorporación (ou á data de presentación da solicitude, se aínda non tivo lugar a incorporación).
h) No caso de incorporación a unha cooperativa, certificación do acordo da asemblea xeral relativo á aprobación da contía das achegas obrigatorias das novas persoas socias e da cota de ingreso, de ser o caso.
i) Certificación da cooperativa ou sociedade laboral de que a persoa solicitante non tivo a condición de persoa socia nos dous anos anteriores.
j) Documentación específica da subvención para o acceso á condición de persoa socia traballadora de cooperativas e sociedades laborais (artigo 28.1):
1) Memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa da entidade a que se incorpora, que deberá conter os datos de identificación e descrición da actividade con detalle dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal/portada), na súa epígrafe de axudas e subvencións.
2) Calendario laboral da cooperativa ou sociedade laboral e certificación relativa á xornada de traballo asignada á persoa solicitante. Poderá obter un modelo na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal/portada), na súa epígrafe de axudas e subvencións.
k) Documentación específica da subvención para o acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas (artigo 28.2): memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa da persoa emprendedora, que deberá conter os datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de produción e comercialización, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal/portada), na súa epígrafe de axudas e subvencións.
2. Para este programa II o órgano xestor comprobará de oficio a seguinte documentación, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, de acordo co disposto no artigo 10 desta orde:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) Certificación emitida polo Servizo Público de Emprego dos períodos de inscrición como demandante de emprego.
c) Vida laboral da persoa solicitante.
d) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
e) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Atriga.
f) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia e cando o dito certificado fose emitido pola Xunta de Galicia.
h) Certificado de empadroamento da persoa solicitante, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia.
Artigo 31. Documentación para a xustificación da subvención
1. De acordo co previsto no artigo 15 desta orde, para acreditar o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención deste programa, a persoa beneficiaria deberá presentar no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión, a seguinte documentación:
a) Declaración responsable complementaria do conxunto das subvencións solicitadas para a mesma actividade, tanto das aprobadas e/ou concedidas como das pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo VI.
b) De ser o caso, documento de alta na mutualidade de colexio profesional que corresponda da persoa incorporada.
c) Certificado de alta e permanencia como persoa socia traballadora ou de traballo emitido pola cooperativa ou sociedade laboral, agás cando se trate de persoas socias promotoras das referidas entidades.
d) Certificación emitida pola cooperativa ou sociedade laboral do importe das achegas, participacións ou accións e cotas de ingreso, se é o caso, subscritas e desembolsadas para adquirir a condición de socio ou socia, así como certificación bancaria do seu pagamento en que conste claramente a persoa emisora e receptora e o concepto do gasto.
e) Cando se trate da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo a tempo parcial: certificado en que conste a duración da xornada que ten fixada a persoa que se incorpora.
f) No suposto previsto no artigo 28.1.e), certificación do órgano de administración da cooperativa ou sociedade laboral acreditativa da situación de socio a tempo parcial na data inmediatamente anterior á de alta na Seguridade Social a tempo completo.
g) No suposto previsto no artigo 28.2), se é o caso, alta no Censo de obrigados tributarios no Ministerio de Facenda.
2. Para este programa II o órgano xestor comprobará de oficio a seguinte documentación, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, de acordo co disposto no artigo 10 desta orde:
a) Alta na Seguridade Social da persoa solicitante.
b) Alta no imposto de actividades económicas da persoa solicitante, no suposto previsto no artigo 28.2).
c) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Atriga.
e) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Artigo 32. Obrigas das persoas beneficiarias
Ademais das recollidas con carácter xeral no artigo 17 desta orde, as persoas beneficiarias de subvencións deste programa deberán cumprir as seguintes obrigas:
1. Manter a condición na mesma cooperativa ou sociedade laboral a que se incorporan por un período mínimo de dous anos desde a súa incorporación.
O cumprimento desta obriga poderá ser comprobado polo órgano xestor coa periodicidade que se considere oportuna.
2. O importe das devanditas subvencións recoñecido como capital social deberá manter o seu carácter de achegas ao capital social de sociedades cooperativas, ou de accións ou participacións sociais de clase laboral, no caso das sociedades laborais, durante un período mínimo de dous anos desde que se realice a achega. Durante este período non poderán ser obxecto de reembolso nin transmisión por actos inter vivos. Non obstante, a persoa socia que cause baixa obrigatoria poderá transmitir a súa achega a favor da persoa que se incorpore para substituíla nas mesmas condicións e ata o final do referido período, como mínimo. Esta substitución non dará lugar a unha nova subvención.
O cumprimento desta obriga poderá ser comprobado polo órgano xestor coa periodicidade que se considere oportuna.
3. No caso de incumprimento do previsto nos puntos anteriores, procederá o reintegro das cantidades percibidas nos termos previstos no artigo 18 desta orde.
CAPÍTULO V
Convocatoria de subvencións para o ano 2020
Artigo 33. Convocatoria
Convócanse para o ano 2020 as subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía social) reguladas polas bases contidas nesta orde.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Artigo 34. Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. Non obstante, se o período de presentación resultase inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgota o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.
Artigo 35. Período de execución das accións
O período de execución de accións abranguerá desde o 2 de outubro de 2019 ata o 14 de novembro de 2020.
Considerarase gasto subvencionable o efectivamente pagado no dito período.
Artigo 36. Xustificación das accións subvencionadas
As persoas ou entidades beneficiarias das subvencións deberán xustificar o investimento conforme a resolución de concesión e solicitar os correspondentes pagamentos mediante solicitude conforme o modelo do anexo V ou VIII, en función do programa de que se trate.
A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das accións subvencionadas será o 15 de novembro de 2020.
Artigo 37. Financiamento e normativa reguladora
O orzamento total das subvencións previstas nesta orde ascende a 3.066.330 € e a distribución inicial de créditos por programas é a que se indica, de acordo cos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.
Programa I: 1.466.330 € (09.40.324C.470.0).
Programa II: 1.600.000 € (09.40.324C.470.1).
Artigo 38. Tramitación anticipada
Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, e tamén de conformidade coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, que posibilitan a tramitación anticipada dos expedientes de gasto no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vai imputar o correspondente gasto.
Deste xeito a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, no momento da resolución.
Disposición adicional primeira. Delegación de atribucións
Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria nas persoas titulares das xefaturas territoriais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Así mesmo, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria na persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para a tramitación e resolución dos expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.
Disposición adicional segunda. Remanentes de crédito
Se, unha vez adxudicadas as subvencións, resultar remanente de crédito, esta consellería reserva para si a facultade de efectuar convocatorias complementarias ou reabrir o prazo de presentación de solicitudes.
Disposición adicional terceira. Publicación na Base de datos nacional de subvencións
En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.
Disposición adicional cuarta. Información básica sobre protección de datos persoais
Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha tarefa de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e reflictirase esta circunstancia no devandito formulario.
Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados, conforme o descrito na presente norma reguladora, a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.
Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais
Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde
Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019
Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria