El plazo de presentación comeza o 30/01/2020

IG230 - ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA EMPRESAS) (2020)

Finalidad / Objetivo

Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Accións de difusión
b) Accións de promoción
c) Accións de prospección en mercados internacionais.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas en crise.
c) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

Sectores incentivables

Todos.

Requisitos principales del proyecto

O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Accións de difusión:

a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, ou outros medios incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

a.2) Elaboración de material promocional para difusión en mercados estranxeiros.

b) Accións de promoción:

b.1) Participación en feiras ou outros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro.
Inclúense tamén aqueles eventos deste tipo que se celebren organizados por terceiros en España -fóra da Comunidade Autónoma de Galicia- e estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases).
Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos. Para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor no evento.

b.2) Visitas á sede da empresa en Galicia de clientes, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescriptores, todas realizadas desde o estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades da empresa e os seus produtos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación.

c) Accións de prospección en mercados internacionais:

c.1) Axendas de reunións.

c.2) Desenvolvemento de clientes no estranxeiro: metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por
descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten.

c.3) Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para consolidación do negocio.

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na que se poderán incluír varias accións.

Cualificación requerida del proyecto

Consideraranse unicamente as solicitudes que acadaran 30 puntos.

As solicitudes que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral cunha base de puntuación de 100 puntos:

a) Dificultade para acometer o proceso de internacionalización e, polo tanto, maior necesidade do apoio. Máximo: 30 puntos. Avaliarase tendo en conta o tamaño da empresa. Microempresa: 30 puntos; Pequena empresa: 25 puntos; Mediana empresa: 20 puntos.

b) Tipo de internacionalización da empresa. Máximo: 30 puntos. Avaliarase tendo en conta:

Empresa exportadora de mercancías fabricadas pola propia empresa solicitante da axuda: 30 puntos. Empresa exportadora de mercancías non fabricadora (comercializadora): 15 puntos.
Empresa que presta ou comercializa servizos no estranxeiro (os seus clientes reciben o servizo no estranxeiro): 15 puntos. Empresa internacionalización inversa (venda de produtos ou prestación de servizos en Galicia a clientes estranxeiros, os clientes acoden a Galicia): 5 puntos.

c) Novos solicitantes: recibirán 20 puntos as empresas que non obtivesen resolución aprobatoria á solicitude de anteriores convocatorias destas bases.

d) Aproveitamento de axudas á internacionalización anteriores. Máximo: 20 puntos. Avaliarase tendo en conta:

Informe de resultado de subvencións anteriores do Igape recibidas para o mesmo fin de internacionalización: 20 puntos no caso de cubrir este informe no formulario electrónico de solicitude e que se houbesen acadado resultados positivos.


e) Empresas con produtos ou servizos obtidos a través da realización exitosa de proxectos de I+D+i. Máximo de 10 puntos.

f) Empresas con Selo da certificación de Galicia Calidade de algún dos seus produtos e/ou servizos. Máximo de 10 puntos.

Inversiones o gastos computables

Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

a) O límite máximo de gasto subvencionable para accións de difusión é de 7.000 euros por solicitude de axuda.

a.1) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a.1) do artigo 1.1. Só se subvencionaran os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións en medios de comunicación.

a.2) Gastos subvencionables para accións de difusión citadas na letra a.2) do artigo 1.1. Só se subvencionarán os gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de material promocional para difusión en mercados estranxeiros.

b.1) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b.1) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 40.000 euros por cada evento no que se participe.

1º Gastos de viaxe de dúas persoas por empresa solicitante á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se emprenda a viaxe ou se retorne de/a outro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o aloxamento do país no que se celebra a acción.
Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.
Límites destes gastos: os indicados no anexo IV.

2º Aloxamento de dúas persoas por empresa (en réxime de aloxamento e almorzo), cun máximo de 5 pernoctas, cos límites indicados no anexo IV. Algunha das pernoctas debe coincidir coas datas de celebración do evento no que se participa.
No caso de accións en máis dun país engadiranse un máximo de 2 pernoctas máis subvencionadas por país cun máximo total de 10 pernoctas.

3º Gastos de: aluguer de espazos e servizos relacionados co dito aluguer; aluguer de stand; construción, montaxe e desprazamento de stand; decoración de stand; aluguer de mobiliario; contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos ou azafatas; envío de material promocional e mostras co seu seguro correspondente.

b.2) Gastos subvencionables para accións de promoción citadas na letra b.2) do artigo 1.1.

1º Gastos de viaxe dun máximo 3 persoas por acción. Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe.
Límites destes gastos: os indicados no anexo IV.

2º Aloxamento en Galicia dun máximo 3 persoas por acción (en réxime de aloxamento e almorzo), cun máximo de 5 pernoctas, cos límites indicados no anexo IV.

3º Gastos de intérpretes durante a visita.

c) Gastos subvencionables para accións de prospección citadas na letra c) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 6.000 euros por solicitude.

Gastos de servizos de consultaría para a realización de axendas (non será subvencionable a mera realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo de execución da axuda), desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais.

En relación aos gastos de servizos en destino para a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos descritos neste apartado deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape.

Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

2. Os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados dende o 1 de xullo de 2019 esixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2020.

3. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.
b) Os custos de servizos para o posicionamento web.
c) Os custos de envío de mercadorías distintas ao material promocional ou mostras sen valor comercial.
d) Imposto sobre o valor engadido (IVE), a non ser que se acredite que non é recuperable.
e) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
f) Produtos de merchandising e outros regalos promocionais.
g) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

4. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

5. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

6. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017 de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren (neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente), ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

7. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

8. Non se subvencionarán servizos a contratar relacionados coa actividade empresarial do solicitante da axuda no mesmo país no que o solicitante exerce a dita actividade.

Cuantía de las ayudas

A subvención será do 70% dos gastos subvencionables.
Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 91.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 130.000 euros).

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do gasto subvencionable. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a prorrata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Referencia legislativa

Resolución do 9 de xaneiro de 2020 (DOG Nº 19 do 29/01/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020

Información y tramitación en

Para presentar a solicitude, deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través de http://www.tramita.igape.es.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa das accións para as cales solicita subvención que incluirá: os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse unicamente por vía electrónica. Os autónomos (persoas físicas), en canto pemes, poden ser beneficiarios destas axudas. A única vía de presentación da solicitude de axuda será a electrónica.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil ou as inscritas que se opoñan expresamente a que o Igape consulte estes datos.

b) As tres ofertas que, se é o caso, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.4 destas bases reguladoras.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente

Teléfono: 981 81 51 51 / 981 54 11 47
informa@igape.es
Presencialmente nas oficinas do Igape previa cita en http://citaprevia.igape.es/

Observaciones

O prazo de execución iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 15 de novembro de 2020 para as solicitudes con accións a realizar ata esta data, e do 30 de xuño de 2021 para solicitudes con accións a realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 16 de novembro de 2020 e o 31 de decembro do 2020 poderán ser imputadas ao 2021.

O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 31 de xullo de 2020, para os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 15 de novembro de 2020, e no mes xaneiro de 2021 poderán solicitar o anticipo correspondente os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 30 de xuño de 2021.