FINALIDAD / OBJETIVO
Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

PLAZO DE PRESENTACIÓN

2019.2 – 28/06/2019 – 18/10/2019

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 20 % dos custos subvencionables e ata o 30 % se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1.a)5º anterior, que poderán chegar ao 10 % no caso de medianas empresas e ao 20 % no caso de pequenas empresas.
Tipos de apoyo
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e cumpran as seguintes condicións:

a) No caso de sociedades mercantís o seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que cumpran a condición de novo emprendedor segundo o establecido no artigo 1.2 e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels.

A sociedade debe estar válidamente constituída (debidamente inscrita no rexistro competente) á data de solicitude de axuda.

b) Os solicitantes autónomos e, no caso de sociedades, polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20 % no capital que cumpra a condición de novo emprendedor segundo o establecido no artigo 1.2, deberán ter unha dedicación exclusiva ao proxecto, non podendo desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade da nova empresa (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude) e ata o fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

c) Cando da documentación e datos que consten no expediente se deduza que se produce continuidade empresarial, por baixa recente (antigüidade menor dun ano) nunha actividade que é igual ou similar á que se propón, ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar motivadamente a axuda. Esta esixencia será de aplicación para tódalas persoas físicas e xurídicas, e para tódolos socios cando o solicitante sexa unha persoa xurídica. Para estes efectos, entenderase por actividade igual ou similar cando coincida coa actividade preexistente a nivel dos tres primeiros díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE).

d) Contribución financeira exenta de axudas públicas:

Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

2. Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica. Para o caso das sociedades civís, poderán ser beneficiarias aquelas que acrediten constitución en escritura pública e inscrición no Rexistro Mercantil.

Non se concederán axudas a empresas en crise.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades nas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3. da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei de subvencións.
Sectores incentivables

Están EXCLUÍDAS das axudas as seguintes actividades:

i) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura.

ii) As actividades do sector da produción agrícola primaria.
CNAE 09: División 01 (todos os grupos e clases agás 01.61 e 01.62).

iii) As actividades do sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

– Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade dos ditos produtos adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
– Cando a axuda dependa de que se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios.

iv) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
Requisitos principales del proyecto
1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica por conta propia no momento da solicitude de axuda, tanto a alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) coma o alta censual non superen os 42 meses na data de presentación da solicitude de axuda. Os autónomos societarios non teñen a condición de novo emprendedor.

3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases aquela na que tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
c) Os custos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionable os conceptos seguintes:

a) Investimentos realizados en:

Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e equipamentos de protección do ambiente.

Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecemento técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas, que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Activos pertencentes a un establecemento cando se cumpran as seguintes condicións:

1. Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador.
2. Que a operación teña lugar en condicións de mercado.
3. Non foran obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

Cando un membro da familia do propietario inicial ou un empregado se faga cargo dunha pequena empresa, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

b) Gastos realizados en:

Os gastos de aluguer de bens inmobles (co límite do 30% do custo total subvencionable), ata un prazo máximo de dez meses.

Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 14.6.b) destas bases.

Os gastos de reforma de instalacións en bens inmobles arrendados, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

Gastos de investigación e desenvolvemento (encargados a terceiros).

2. Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O dito prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión en atención ás características do proxecto para os efectos de cumprimento de todas as condicións da subvención.

Ningún dos custos alegados, sobre os cales se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; se fose así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

3. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade.

4. O investimento en inmobles terá que ser mantido, vinculado á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia durante, polo menos, 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión e o resto do investimento polo menos 3 anos desde a finalización do dito prazo.

5. No caso de reforma en inmobles arrendados, o contrato de arrendamento deberá ser por un período mínimo de 5 anos desde a data prevista de finalización do proxecto e deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o dito período.

6. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos, excepto no caso de adquisición de activos pertencentes a un establecemento que cumpra os requisitos establecidos no punto 5.1.a)5º anterior.

7. No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir as condicións do artigo 5.7 das bases.

8. Cando o importe do custo subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 euros no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante.

9. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.

10. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

11. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Para poder ser considerarado subvencionable, debe incluírse o detalle (descrición, número de unidades…) e desglose (custe unitario) de tódalas partidas incluídas para cada un dos conceptos de investimento e/ou gasto que se recollan no formulario de solicitude de axuda.

 

http://www.igape.es/es/component/igpbdaxudas/ficha/IGAP364