Finalidad / Objetivo

Estas axudas teñen como obxecto apoiar o desenvolvemento, estandarización e comercialización de maquinaria e bens de equipo nos ámbitos definidos polos axentes industriais de Galicia que presentaron propostas á consulta convocada polo Igape mediante Resolución do 4 de setembro de 2019 (DOG nº 183, do 26.9.2019 e DOG nº 216, do 13.11.2019).

O resultado desta consulta, a resolución de selección dos proxectos e a súa especificación pódese atopar no enderezo http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/maquinaria-4-0

Os proxectos apoiados deberán estar encamiñados á obtención dun produto que satisfaga algunha destas propostas seleccionadas, e estarán compostos de actividades da seguinte natureza:

a) Mellora da capacidade produtiva mediante o investimento material e/ou inmaterial, que só será subvencionable para beneficiarios que sexan pemes.

b) Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados. Pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación, sempre e cando non vaia destinada a usos comerciais.

c) Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa.

d) Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos os cambios significativos en canto a técnicas, equipos ou programas informáticos).

e) Estandarización e creación de catálogos de produto, que comprende actividades nas que se fixen as características que compoñerán unha gama concreta de produtos; elaboración de opcións e ampliacións modulares dos mesmos; especificación homoxénea mediante textos, planos, esquemas e similares; homologación de produtos segundo normativas de calidade, sectoriais ou comerciais; elaboración de catálogos en calquera medio; xeración de modelos e especificacións formais electrónicos interoperables e outras similares relacionadas co proxecto de desenvolvemento presentado.

f) Comercialización do produto xerado, que comprende actividades de elaboración de propostas de valor; capacitación do equipo comercial; definición de novos mercados; prospección e exploración do mercado; accións de difusión nos medios máis axeitados para o produto; contacto e seguimento de oportunidades comerciais; elaboración de acordos de distribución e outras similares relacionadas co proxecto de desenvolvemento presentado.

g) Plans de mantemento e formación de distribuidores, que comprende actividades de elaboración dos plans de mantemento axeitados para os produtos desenvolvidos; homologación dos mesmos; selección e capacitación dos distribuidores; deseño e posta en marcha de programas de distribución e outras similares relacionadas co proxecto de desenvolvemento presentado.

TIPOS DE APOYO

Subvención en réxime de concorrencia competitiva. As axudas para as actividades definidas nos epígrafes e), f) e g) do artigo 1.2 incardínanse no réxime de mínimis.

BENEFICIARIOS POTENCIALES

1. Poderán ser beneficiarias individuais destas axudas as empresas do sector ou ámbito de negocio da fabricación de maquinaria ou bens de equipo, que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

2. Poderán ser beneficiarias colectivas destas axudas as agrupacións de dúas ou máis empresas nas que polo menos unha delas sexa do sector ou ámbito de negocio da fabricación de maquinaria ou bens de equipo, e as outras pertenzan a sectores da industria ou servizos directamente relacionados co desenvolvemento do produto para o que se solicita a axuda. Todas as integrantes da agrupación deben ser sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos cun centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas cuxo proxecto fora elixido no procedemento previo de consulta non poderán optar ao desenvolvemento deste proxecto.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
c) As empresas en crise.
d) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

REQUISITOS PRINCIPALES DEL PROYECTO

Os proxectos obxecto de apoio deben cumprir as seguintes condicións:

a) Ser técnica e economicamente viables.
b) Todas as actividades deben desenvolverse en centros de traballo en Galicia.
c) Ter efecto incentivador: considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se ten presentado antes do comezo do proxecto.

INVERSIONES O GASTOS COMPUTABLES

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto para o que foron concedidos.

2. En función da actividade na que se encadren, os gastos deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Mellora da capacidade produtiva mediante o investimento material e/ou inmaterial: deberá consistir en produtos novos adquiridos en propiedade, necesarios para a execución do proxecto. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina agás elementos informáticos. A adquisición e adaptación de software considerarase investimento subvencionable.

b) Desenvolvemento experimental:
1º Os custos de persoal: investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar, na medida en que estean dedicados ao proxecto.
2º) Os custos do instrumental e material, na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto; en caso de que o instrumental e o material non se utilicen en toda a súa vida útil para o proxecto, unicamente se considerarán subvencionables os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto, calculados de acordo cos principios contables xeralmente aceptados.
3º) Os custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridos ou obtidos por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia, así como os custos de consultoría e servizos equivalentes destinados de maneira exclusiva ao proxecto.
4º) Os gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais, incluídos os custos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do proxecto.

c) Innovación en materia de organización ou de procesos:
1º) Os custos de persoal.
2º) Os custos de instrumental e material na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto.
3º) Os custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridos ou obtidos por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia.
4ª) Os gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais, incluídos os custos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do proxecto.

d) Estandarización e creación de catálogos de produto, comercialización do produto xerado e plans de mantemento e formación de distribuidores:
1º) Os custos de persoal.
2º) Os custos de instrumental e material na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto.
3º) Colaboracións externas directamente relacionadas coa execución do proxecto.
4ª) Os gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais, incluídos os costos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do proxecto.

A suma das partidas de gastos xerais (b.4º+c.4º+d.4º) non superará o 15% da suma das partidas de custos de persoal (b.1º+c.1º+d.1º).

As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas do beneficiario nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

Concepto / Tamaño da empresa:

a) Mellora da capacidade produtiva mediante investimento: 30% Pequena / 20% Mediana.
b1) Desenvolvemento experimental: 45% pequena / 35% mediana / 25% grande
b2) Desenvolvemento experimental (*): 60% pequena / 50% mediana / 40% grande
c) Innovación en materia de organización: 50% pequena / 50% mediana / 15%(**) grande.
d) Innovación en materia de procesos: 50% pequena / 50% mediana / 15%(**) grande
e) Estandarización e creación de catálogos de produto, comercialización do produto xerado e plans de mantemento e formación de distribuidores: 70% pequena / 60% mediana / 50% grande.

(*): porcentaxes aplicables a proxectos colectivos nos que algunha das empresas sexa peme e ningunha das empresas corra por si sola con máis do 70% dos custos subvencionables.

(**): só se asignará esta axuda en proxectos colectivos nos que exista colaboración efectiva entre pemes e grandes empresas na actividade obxecto da axuda, e onde as pemes que colaboran corran con un mínimo do 30% do custe subvencionable.

A asignación da contía da subvención farase do seguinte xeito: nunha primeira fase asignarase un máximo de 700.000 euros por proxecto, segundo a súa orde de prelación, mentres haxa crédito. No caso de que reste crédito dispoñible unha vez finalizada esta fase, concederase subvención adicional ata completar o máis posible o solicitado por cada proxecto, seguindo de novo a orde de prelación establecida.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

INCOMPATIBILIDADES

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía establecida no artigo 6 destas bases.

2. Ao estar as axudas para as actividades definidas nos epígrafes e), f) e g) do artigo 1.2 suxeitas ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.

INFORMACIÓN Y TRAMITACIÓN

* Información:

– Nas oficinas territoriais do IGAPE con cita previa http://citaprevia.igape.es/
– No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
– A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante ou o líder da agrupación deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través de http://www.tramita.igape.es

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos e o solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante.

A solicitude deberá presentarse xunto coa documentación complementaria establecida no artigo 7 das bases.

OBSEVACIONES

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 31.10.2021, sendo esta a última data admisible de facturación e pagamento.

Os beneficiarios das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 15 de novembro de 2020 para a anualidade 2020, e como máis tarde o 15 de novembro de 2021 para a anualidade 2021.

O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 30 de setembro de cada unha das anualidades consideradas.