PROFESIONAIS 4.0 é un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que permite ás empresas galegas contratar persoas novas co fin de abordar plans de mellora competitiva. Calquera empresa galega, independentemente do seu tamaño, cun plan de mellora ou que preste servizos para a mellora competitiva, pode obter unha axuda do 75% do salario do primeiro ano para contratar ata 5 profesionais.
Se vostede é un recente titulado universitario ou de grao superior de Formación Profesional, debe darse de alta na base de datos de candidatos. A alta é moi sinxela, e permite que as empresas que solicitan a axuda atopen os candidatos axeitados, polo que debe facerse o antes posible. En todo caso, debe ser previa á resolución da convocatoria a finais do 2019. Información específica para os candidatos.
Pola súa parte, as empresas interesadas poden solicitar a axuda ata o 7 de outubro de 2019 utilizando a oficina virtual do IGAPE. Para máis información específica das empresas solicitantes,

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Finaliza o 07/10/2019

CONTÍA DAS AXUDAS

Como incentivo á contratación subvencionarase por persoa o 75% da retribución bruta do primeiro ano, cun máximo importe de subvención por persoa contratada que se calculará como (14.250 + PF*70), onde “PF” é a puntuación que se obteña polo criterio establecido no artigo 6.1.f destas bases (entre 0 e 25).

OBXECTIVO

O obxecto das axudas é a incorporación, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de FP ás empresas ou a outras entidades de soporte, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial.

 

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

a) As empresas con 2 ou máis empregados por conta allea equivalentes a tempo completo no momento da solicitude, que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

b) Os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tal a efectos destas axudas as entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa ou clusters empresariais.
Cada entidade poderá solicitar axuda para un máximo de 5 contratos.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

a) Formalizar as contratacións entre os candidatos que formen parte da base de datos de candidatos Profesionais 4.0, accesible no enderezo http://www.igape.es/profesionais4.0. O acceso como candidato a esta base de datos estará aberto en todo momento a partir da publicación no DOG da convocatoria destas bases reguladoras e pecharase o día de publicación da resolución, se ben poderán abrirse prazos adicionais de entrada como candidato á base de datos, que serán obxecto de resolución da Dirección Xeral do IGAPE e publicados no DOG.
A contratación débese comunicar ao Servizo Público de Emprego (SEPE)

b) Os contratos deberán ser formalizados entre a data de presentación da solicitude e seis meses despois da data de notificación da resolución de adxudicación da axuda. A data aproximada de contratación deberá ser comunicada ao Igape aos efectos de organizar temporalmente as correspondentes reservas de crédito.

c) Os proxectos de mellora deberán desenvolverse en centros de traballo de Galicia.

d) O contrato de traballo que se formalice deberá ser a tempo completo, e poderá ser indefinido ou de duración determinada mínima de 12 meses. Non se admitirán contratos de alta dirección.

e) A retribución salarial anual bruta que percibirá cada persoa contratada non será inferior a 19.000 euros.

f) O persoal contratado deberá cumprir, no momento de formalizar o contrato, os seguintes requisitos:
– Idade entre os 18 e os 35 anos.
– Titulación que acredite un nivel EQF (marco europeo de cualificacións) 5 ou superior: titulación universitaria (grao/diplomatura ou superior) ou título de técnico superior de formación profesional ou equivalente. No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros, deben estar homologados en España.
– Experiencia non superior a 24 meses no grupo de cotización á Seguridade Socialcorrespondente á súa titulación. A efectos destas bases consideraranse grupos de cotización correspondentes á titulación os 1 e 2 no caso das persoas con titulación universitaria e os 3 e 5 no caso das persoas con titulación de formación profesional.
– Estar dados de alta coma demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servicio Público de Emprego.
– Non ter sido contratado anteriormente pola entidade solicitante.
– Non ter vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

g) O persoal contratado deberá darse de alta no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación, segundo o apartado anterior.

h) O persoal contratado poderá ser sustituido, sempre que o substituto cumpra cos termos da resolución de concesión, e a duración do seu contrato sexa a lo menos polo tempo restante ata 12 meses do contrato anterior, ou indefinida no caso de que o contrato orixinal o sexa.
Investimentos ou gastos computables.

Serán subvencionables as contratacións laborais e gastos de formación realizados por empresas e organismos intermedios de carácter empresarial, que estean dirixidas á execución de proxectos de mellora competitiva.

Os proxectos poderán consistir tanto na execución de plans de mellora competitiva internos das empresas como na prestación de servizos de mellora a terceiros. Neste último caso, os servizos a empresas nos que se integrarán ás persoas contratadas non consistirán en actividades permanentes ou periódicas de xestoría ou auditoría (asesoría ou xestión fiscal, contable, laboral, servizos xurídicos periódicos, auditoría, publicidade e outros similares).

TIPOS DE APOIO

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva. Réxime de mínimis.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 29 de xullo de 2019 (DOG Nº148 do 06/08/2019) –

 

 

AnuncioO92-240719-0002_es